Profesora Contratada Doutora

Área de Prehistoria
Departamento de Historia, Arte e Xeografía

Facultade de Historia
Pavillón 2, Planta 1, Despacho 21
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 141
beacomendador@uvigo.es

 

Liñas de investigación

 

Breve CV

Beatriz Comendador Rey (Vilagarcía de Arousa, 1967), arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia (1997) pola USC coa tese: “Los inicios de la metalurgia en el noroeste de la P. Ibérica”.

Entre 1998 e 2004 a vinculación coa investigación mantívose a través de contratos laborais de curta duración como arqueóloga e cinco bolsas de colaboración nos museos arqueolóxicos, así como un contrato de I+D co Concello de A Coruña (Persoal Laboral Grupo A).

Entre 2005 e 2010, foi profesora asociada a tempo parcial, na Facultade de Historia do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Mediante oposición, accedeu á súa actual praza de profesora contratada doutora na área de Prehistoria da Universidade de Vigo (2010). É membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT).

Investigadora en diversos proxectos relacionados co patrimonio arqueolóxico e a súa difusión e socialización e tamén autora de diversas publicacións e de varios blogues de difusión ou de reflexión sobre a presenza da arqueoloxía e o pasado na sociedade actual, como Pasado Reciclado.